martes, 28 de diciembre de 2010

FESTIVAL DE NADAL

Para celebrar o comezo do Nadal, no colexio puxemos na entrada un belén.
Para adornar o escenario, elaboramos unha bonita postal na que podíamos ver aos reises seguindo á estrela e aos anxeliños.
Con esa imaxe de fondo, fixemos o día 21 de decembro pola tarde no colexio, o Festival de Nadal!

Os nenos e nenas de 5º e 6º curso, foron presentando o acto.
1º actuaron os nenos/as de 3º e 4º cantando unha panxoliña.


Despois os nenos de infantil e 1º curso, cantaron e bailaron unha canción.
Fixérono moi ben!


Seguidamente, os alumnos/as de 5º e 6º recitáronnos unhas poesías de nadal.




Os nenos/as de 2º curso, bailaron e cantaron "Tam-Tam".



Uns animaliños moi graciosos de 3º e 4º, cantaron a súa panxoliña tamén.
E os rapaces/as de infantil tamén nos bailaron unha panxoliña de nadal.

Fixeron un baile os de 2º curso.

Os de 5º e 6º tocaron varias pezas de frauta. Saíronlles moi ben!


Os alumnos/as de 1º curso bailaron o villancico "Arre borriquito" Estiveron moi graciosos.

E por último, e como sorpresa final, todos/as os alumnos do colexio bailaron a canción Waka-Waka de Shakira.
Pasámolo xenial!





Esperamos que toda a xente que veu ao festival, disfrutase con el. Nós pasámolo moi ben!

FELIZ NADAL, E BO ANO 2011.

1 comentario:

yoly dijo...

O Festival foi un exito!!! Os profes fixestes un moi bo traballo e os nenos estiveron xenial, moi divertido.