viernes, 21 de enero de 2011

O INVERNO XA CHEGOU!


COMO DIVERTIRSE EN INVERNO, FÓRA DA CASA.


Se xa estades cansados de xogar dentro da casa, aproveita e pídelle aos teus pais que te leven ao teatro, cine ou algún museo.


Ir a un concerto de música enriquecerate en todos os sentidos. Ademáis nas temporadas máis frías, os teatros normalmente énchense de propostas atraintes. Unha exposición de cadros tamén é unha boa opción para divertirse. Os museos de ciencia, os planetarios, soen ter talleres de investigación, de experimentos,...para todos/as vos.
Se fai moito frío, non olvides abrigarte ben, con gorro, xersei, e un abrigo para protexerte.


No hay comentarios: