
Para celebrar o comezo do Nadal, no colexio puxemos na entrada un belén.

Para adornar o escenario, elaboramos unha bonita postal na que podíamos ver aos reises seguindo á estrela e aos anxeliños.
Con esa imaxe de fondo, fixemos o día 21 de decembro pola tarde no colexio, o Festival de Nadal!

Os nenos e nenas de 5º e 6º curso, foron presentando o acto.
1º actuaron os nenos/as de 3º e 4º cantando unha panxoliña.


Despois os nenos de infantil e 1º curso, cantaron e bailaron unha canción.
Fixérono moi ben!
Esperamos que toda a xente que veu ao festival, disfrutase con el. Nós pasámolo moi ben!
FELIZ NADAL, E BO ANO 2011.
1 comentario:
O Festival foi un exito!!! Os profes fixestes un moi bo traballo e os nenos estiveron xenial, moi divertido.
Publicar un comentario