miércoles, 9 de marzo de 2011

XA VEN O ENTROIDO!

Un ano máis, no noso colexio celebramos o entroido. Toda esa semana, xa estivemos facendo entroidadas.
Para que todo o mundo se dese conta de que comezaba, pegamos distintos murais.
Aquí podedes ver á nosa raíña do carnaval... E por suposto, tamén tivemos un rei!! Mirade que guapo se puxo o noso esqueleto! Isto si que é empezar con bo pé o entroido.

Todos/as os nenos/as e mestres/as tamén quixemos ir celebrando o entroido, e para iso tivemos que traer ao colexio distintas prendas. Así estábamos de preciosos/as o xoves.
Pasámolo moi ben!
Os nenos/as de Educación Infantil.
As rapazas de 1º curso.
Os de 5º curso.

No hay comentarios: