martes, 1 de marzo de 2011

DISTINTAS ACTIVIDADES

Na última semana de Febreiro, no colexio os nenos/as tivemos distintas actividades.
O venres, os nenos/as de 3º, 4º e 5º fumos a Forcarei a competir.
Pasámolo moi ben, xogando ao futbol, balonmano e baloncesto.


Queríamos gañar, pero ainda que o intentamos con todas as nosas forzas os nenos/as de Forcarei estiveron mellor ca nós.
Os nenos/as de 5º si que gañaron.

Como temos un espíritu competitivo intentaremos gañar na próxima competición.

Tamén nesa semana, o mércores, veu ao noso colexio un Mago.
Fixo moitos trucos de maxia, eu non sei como os facía!

Todos/as quedamos moi sorprendidos con el.






Pasámolo moi ben, e como estivemos moi atentos, regalounos un libro chulísimo, onde nós tamén podemos aprender a facer moitos trucos de maxia.

No hay comentarios: