O venres 28 de Xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.
Fixemos entre todos/as un cartel cunha paloma, para que poidésemos poñer os nosos nomes.

Despois do recreo, reunímonos na sala de audiovisuais e alí tivemos distintos actos para pedir que haxa AMOR e PAZ para todos/as.

Os nenos/as de Infantil e 1º, fixeron uns carteis moi bonitos e pediron que houbese Paz en todo o mundo.

Os alumnos/as de 2º curso dixéronnos distintas palabras relacionadas coa Paz.

Distintos rapaces e rapazas de 3º e 4º recitaron poesías sobre a Paz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario