domingo, 24 de abril de 2016

A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Dada a importancia da lectura o Día do libro pasou a ser a Semana do libro no noso cole!

ACTIVIDADE  1: VISITA AO SALÓN DO LIBRO 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fomos o día 19 abril ata o Pazo da Cultura en Pontevedra. Alí nos recibiu a mascota Orbil coa que sacamos unhas fotos. Que cariñosa!




Despois comezamos a visita acompañados dun monitor simpatiquísimo, que nos explicou que a exposición levaba o nome "Canta bichería" e que estaba ambientado no libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez" da autora Ledicia Costas, galardonada co Premio Nacional de Literatura.

Aqui podemos ver a Extravaganzza Pérez

Durante a visita fomos pasando por varias estancias ambientadas no libro de Ledicia como por exemplo:

Selvática profunda onde accedimos cos ollos pechados deixándonos levar polo sentido do tacto.


Nocturnia onde sempre é de noite.


Polo Norte que cada vez está máis despoboado por mor da contaminación ambiental. 


Ou Océano verdura onde Extravaganzza queda a dumir entre cabazas, chícharos e repolos.


Esta temática homenaxea aos animais así que non podiamos marchar sen coñecer algunhas das personaxes presentes nesta obra literaria.

  


Foi unha experiencia inesquecible!!!

No hay comentarios: