jueves, 28 de abril de 2016

ACTIVIDADE 3: CONTACONTOS

O venres 22, pola tarde, fixemos unha sesión de contacontos, pero esta vez no patio do colexio. O alumnado de 5º e 6º leulle varios contos ao resto de compañeiros que estaban por grupos.




 


lunes, 25 de abril de 2016

ACTIVIDADE 2: LINGUAXE DE SIGNOS




O mércores 20, pola tarde, Irene, a mamá de Pepe e Iago, ensinounos os xestos para expresar letras e algunhas palabras.









Coñecemos un pouco máis sobre  un sistema de comunicación, a Lingua de signos, utilizado, sobre todo, entre as persoas con xordeira e problemas auditivos.


GRACIAS IRENE.



domingo, 24 de abril de 2016

A SEMANA DO DÍA DO LIBRO

Dada a importancia da lectura o Día do libro pasou a ser a Semana do libro no noso cole!

ACTIVIDADE  1: VISITA AO SALÓN DO LIBRO 

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º fomos o día 19 abril ata o Pazo da Cultura en Pontevedra. Alí nos recibiu a mascota Orbil coa que sacamos unhas fotos. Que cariñosa!




Despois comezamos a visita acompañados dun monitor simpatiquísimo, que nos explicou que a exposición levaba o nome "Canta bichería" e que estaba ambientado no libro "As peripecias de Extravaganzza Pérez" da autora Ledicia Costas, galardonada co Premio Nacional de Literatura.

Aqui podemos ver a Extravaganzza Pérez

Durante a visita fomos pasando por varias estancias ambientadas no libro de Ledicia como por exemplo:

Selvática profunda onde accedimos cos ollos pechados deixándonos levar polo sentido do tacto.


Nocturnia onde sempre é de noite.


Polo Norte que cada vez está máis despoboado por mor da contaminación ambiental. 


Ou Océano verdura onde Extravaganzza queda a dumir entre cabazas, chícharos e repolos.


Esta temática homenaxea aos animais así que non podiamos marchar sen coñecer algunhas das personaxes presentes nesta obra literaria.

  


Foi unha experiencia inesquecible!!!

viernes, 22 de abril de 2016

CAFÉ MODERNO. ARQUITECTURAS EMOCIONAIS

O martes 19 tamén aproveitamos para  facer unha visita-obradoiro a " Café Moderno. Arquitecturas emocionais".

Primeiro, tocou merendar.




                                                   


Despois explicáronnos como o arquitecto Álvaro Siza rehabilitou o edificio do antigo Café Moderno para Centro Cultural.



Xogamos a identificar materiais coas mans.



A expresar emocións.




Por último, fomos arquitectos uns minutos e deseñamos a nosa habitación.
















Agora xa sabemos algo máis de " MODERNIO"
 

jueves, 21 de abril de 2016

MAMÁ CABRA


 
O martes 19, o alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º fomos a Pontevedra para asistir ao concerto de MAMÁ CABRA. 

  Este grupo musical estaba de cumpreanos. Levan quince anos cantando cancións para nenos. Por iso se titulaba QUINCE PRIMAVERAS.

Pasámolo moi ben. Cantamos e bailamos moito.PARABÉNS MAMÁ CABRA

viernes, 15 de abril de 2016

SAIMOS NO XORNAL

El colegio de Cerdedo se suma a los Almorzos Saudables de la Xunta

14.04.2016 | 03:30
Bernabé / Víctor Espiño
Bernabé / Víctor Espiño
| Consciente de la importancia de inculcar a los más pequeños hábitos saludables, el equipo docente del colegio de Cerdedo pidió este año participar en la iniciativa Almorzos Saudables promovida por el Departamento Territorial de Sanidade de la Xunta. Con tal motivo, el lunes y ayer acogió dos sesiones formativas teórico-prácticas para los escolares de tercero a sexto el primer día de la semana y ayer para los de Infantil, primero y segundo de Primaria. Tras una charla en la que conocieron de cerca la rueda de los alimentos y que deben comer a diario hortalizas, frutas, verduras y cereales, varia veces lácteos y grasas solo de vez en cuando,, disfrutaron de un desayuno francés, a base de leche con Cola Cao, zumo de naranja, pan con mantequilla y mermelada y medio croissant. docentes y hasta el cocinero del centro Damián Parada se implicaron en la iniciativa.La próxima semana disfrutarán de un desayuno mediterráneo.

Se queredes ver a noticia no xornal podedes pinchar en http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2016/04/14/colegio-cerdedo-suma-almorzos-saudables/1441408.html

miércoles, 13 de abril de 2016

ALMORZOS SAUDABLES: EI,1º E 2º.ALMORZO FRANCÉS

 Hoxe tocoulle ao alumnado de EI, 1º e 2º consumir un ALMORZO FRANCÉS.


Primeiro, a charla sobre a importancia dun bo almorzo pola mañá.



Despois degustación do zume de laranxa, pan con manteiga e marmelada, leite con colacao e croissant.







Ao rematar, axudámoslle a Tomasita a cepillar os dentes para aprender a cepillar os nosos.



Como agasallo deixáronnos tres libros dos Bolechas.

Para a semana probaremos un ALMORZO MEDITERRÁNEO.