lunes, 9 de noviembre de 2015

O SAMAÍN

O 30 de outubro celebramos no colexio O Samaín. Para elo leváronse a cabo numerosas actividades entres elas as que a continuación se expoñen. Foi unha xornada moi divertida e moi ben acollida por toda a comunidade educativa.

Durante a semana foise ambientando o centro tendo en conta esta festividade, con manualidades feitas polos nen@s e tamén coa achega de cabazas decoradas para o concurso.







Tódalas aulas fixemos unha visita a exposición de cabazas, para poder ver o gran traballo que cada nen@ coa colaboración das familias aportou.





Algúns acudimos a escola disfrazados e outros pintados...







Como o día estivo cargado de sorpresas, á hora de comer, tivemos unha visita especial que nos entregou un postre suculento, aportado pola mamá de Antony Ryan de Educación Infantil, unhas galletas con forma de cabaza e recheas de chocolate.

GRAZAS A ROSSANA ESPIÑA, pola súa colaboración!!!


















Xa pola tarde levamos a cabo diferentes actividades:

- Visionamos o corto titulado "A BRUXA REGAÑADENTES" da editorial OQO.





- Os nen@s de 3º e 4º nivel de primaria entoaron a canción "Halloween night"






- Os rapaces de 5º e 6º escenificaron a canción "The learning station"



- Ademáis tódolos niveis do centro tocaron e cantaron a canción "Los esqueletos".



- Todos os participantes tivemos un agasallo, un afialapis para os nen@s de infantil e un lapis para os nen@s de primaria.






- E xa para rematar a xornada de celebración, chegou o momento máis esperado, a entrega dos premios aos donos das catro cabazas máis votadas:



Antony Ryan


Xoel


Valentina 


E Víctor


NORABOA AOS GAÑADORES!!!

E PARABÉNS A TÓDOLOS PARTICIPANTES E AS SÚAS FAMILIAS POLO GRAN TRABALLO REALIZADO.














No hay comentarios: