sábado, 24 de octubre de 2015

24 de outubro: DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe día 24 de outubro celébrase o día das bibliotecas escolares. Por elo, onte día 23 tódolos nen@s acudimos a biblioteca do centro. Pola mañá fixemos unha visita a mesma, poñéndonos deste xeito en contacto con este espazo...






...pola tarde, volvemos de novo, para a celebración propiamente dita do día a conmemorar...



... levando a cabo diferentes actividades nos diferentes niveis educativos:

- Tres nenas de sexto leron os relatos cos que participaron no III CERTAME DE RELATO CURTO, e no cal dúas delas, Tamara e Rocío resultaron finalistas.




- Dereck e Didier de quinto recomendáronnos a lectura de dous contos "O zapateiro e a princesa" e "Eu non sei nadar" e Arancha e Dani "O estanque dos parrulos pobres" libro de poesía de Fina Casalderrei.



- Os rapaces e rapazas de 3º e 4, aportaron as súas recomendacións...

Jairo, "Mortadelo e Filemón "


Jonathan, " Mortadelo" un cómic que trouxo da súa casa.



Valentina, un libro oloroso titulado "Reino de la Fantasía"

Aroa,  o conto "Pesadillas"


Marta,  o libro "Un día especial para Teo"


E Sabela, un libro moi especial para ela, de Gloria Fuertes, "  Los mejores versos", a cal nos contou un pouquiño da vida desta escritora e nos recitou dúas poesías "Doña pita piturra" e "Paisajes que los pintes".


- Os nen@s de primeiro e segundo, recitaron un pareado de Antonio García Teijeiro, titulado, " Mi gato Felipe", ademais de Alex recitar un poema do mesmo autor.



Ademais de todo isto, dende cada unha das aulas elaboramos uns estupendos marcapáxinas, uns con motivos outonales, outros referentes a mascota da biblioteca, outros relativos a próxima festividade do Samaín...





SEN LUGAR A DÚBIDA, UN DÍA DIFERENTE!

No hay comentarios: