lunes, 8 de junio de 2015

ENTREGA DE MEDALLAS


Un ano máis, tivemos a entrega de medallas e trofeos do Deporte Escolar. Nesta ocasión celebrouse no entorno da plaia fluvial A calzada, de Ponte Caldelas. 
Antes do reparto de medallas e trofeos, o parataekwondista galego Santiago Malvar Fernández, medalla de plata no campionato Europeo de Bucarest en 2013 e de bronce no do mundo, falounos da importancia da práctica deportiva diaria, tanto en disciplinas colectivas como individuáis.