jueves, 30 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO

Para celebrar o Día do Libro visitounos a gran actriz e mestra Sabela Gago,integrante da compañía de teatro ourensán Sarabela.
A actividade foi moi divertida e participativa, animándonos a meternos no mundo da fantasía e da imaxinación.
Ó remate da actividade deixounos un traballiño... elaborar un conto para a nosa biblioteca.En breve mostraremos que fermoso nos quedou.
Grazas Sabela!!!
Podedes ollar no seguinte video fotos da actividade:



Durante toda a semana tamén fixemos outras actividades:


Exposición de Produccións Propias que podedes ver na seguinte imaxe:


Tamén celebramos durante a Semana do Libro o cuarto centenario da segunda parte do Quixote.Que mellor xeito de facelo que amosándolle ó alumnado esta obra .Fixémolo poñendo frases nas escaleiras do colexio.
Grazas tamén a familia Paz Pastoriza por deixárnos un exemplar antigo desta obra que está exposta xunto a outras que hai no centro.





Xa para rematar as actividades desta semana, o venres o alumnado de 6º coa axuda da mestra Carmen interpretou unha obra en inglés para todo o centro na biblioteca.A obra titulada "Puss in Boots".


Podedes ver a obra no seguinte video:




No hay comentarios: