martes, 18 de noviembre de 2014

ANTÍA , WAMBA E O REGATO PEQUENO

Este é o título da obra que vimos hoxe en Afundación de Pontevedra.
Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque. Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir. Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.



No hay comentarios: