sábado, 26 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO


O 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da Unesco aprobouse en París que a partir do seguinte ano tódolos 23 de abril íase celebrar o Día Internacional do Libro. A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
A razón de elixir esta data como Día do Libro e do Dereito de Autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, Willian Sahkespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 DE ABRIL DE 1616.

Desde a nosa biblioteca estase a traballar nun proxecto de "MICROTOPONIMIA" e para celebrar este día contamos coa visita de Manuel Busto, un experto na materia que nos fixo un pequeno achegamento a microtoponimia de Cerdedo. Moitas grazas por compartir connosco os teus coñecementos  Manuel.



No hay comentarios: