jueves, 28 de noviembre de 2013

UNHA VISITA AGRADABLE POLA MAÑA E CELEBRACIÓN DO MAGOSTO POLA TARDE


O pasado 15 de novembro foi un día moi axetreado no noso colexio.
Pola mañá fomos a Pontevedra coñecer a biblioteca pública da cidade e a ver unha exposición de Novacaixagalicia. 
Na biblioteca descubrimos que había moitos  libros moi interesantes e de diferentes tamaños, formas ...estaban clasificados con pegatinas de diferentes cores para que sexa máis doado localizalos. Ademáis, observamos que había unha chea de películas, periódicos, revista, xogos, CD de música...



Para finalizar a visita disfrutamos con dous contos:  "A cebra Camila" e unha nova versión de "Caperucita Roja".
Desde aquí animamos ás familias para que acerquen ós seus fillos á biblioteca. 

A visita á  exposición "Da Fantasía á realidade. Pintura en Galicia de 1833 a 1936 " foi moi divertida e aprendemos moitas cousas. Para completar a visita realizamos dous talleres "Pinceladas máxicas" e "Academistas ou Vangardistas, esa  é a cuestión..."

Xa no colexio celebramos o Magosto. A partir das 15:00  participamos nun circuito con diferentes xogos e a continuación  degustamos as castañas asadas. Que ben o pasamos!!!


Powered by TripAdvisor

No hay comentarios: