domingo, 20 de octubre de 2013

PREPARAMOS O SAMAÍN

ORIXES DO SAMAÍN


A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.
Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de defuntos.

A LENDA DA CABAZA.


Hai moito tempo, nunha pequena vila irlandesa había un monxe chamado Jack que se cría moi astuto, tanto que ata fixo un pacto co demo. O pacto consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais lle chegou a súa hora. No ceo non o deixaron entrar e claro, no inferno o demo cumpriu a súa parte e non o deixou pasar, pero deu a Jack unha peculiar lanterna en compensación por todo o malo causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbor que estaría incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack vaga polo mundo coa lanterna en busca dun lugar onde descansar.
Existe outra variante da lenda en que Jack que conta como lle gastou unha broma ao demo: fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade o demo tería que o deixar de tentar coa bebida. O demo en vinganza pola broma, non o deixou entrar e castigouno a vagar eternamente por aí coa súa lanterna.
(Texto asociación arrincadeira) 

No hay comentarios: