martes, 26 de abril de 2011

EXPOSICIÓN DE CADROS DE REMEDIOS TOIMIL

Feliz volta da Semana Santa! Despois de pasar uns días descansando un pouquiño, ainda que o tempo non acompañou moito, voltamos a publicar as distintas actividades que imos facendo no centro.
O xoves 14 de Abril, estivemos na exposición de cadros de Remedios Toimil.
Agradecemos dende o colexio, a súa simpatía e interese por ensinarnos os seus cadros.
Gustáronnos moito.


A exposición visitámola en dúas tandadas. Primeiro foron os de 3º, 4º e 5º, e despois os de infantil, 1º e 2º.

Esta é unha pequena mostra do que alí vimos. Iremos poñendo máis fotos ao longo da semana.



Quedamos encantados con Remedios, e para que vós tamén poidades disfrutar coas súas actividades, engadimos o seu blog (podedes encontralo á man dereita da pantalla co nome "cocinaiarte").

Un saúdo para todos/as.









No hay comentarios: