domingo, 30 de enero de 2011

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O venres 28 de Xaneiro celebramos no colexio o Día da Paz.
Fixemos entre todos/as un cartel cunha paloma, para que poidésemos poñer os nosos nomes.
Despois do recreo, reunímonos na sala de audiovisuais e alí tivemos distintos actos para pedir que haxa AMOR e PAZ para todos/as.
Os nenos/as de Infantil e 1º, fixeron uns carteis moi bonitos e pediron que houbese Paz en todo o mundo.

Os alumnos/as de 2º curso dixéronnos distintas palabras relacionadas coa Paz.

Distintos rapaces e rapazas de 3º e 4º recitaron poesías sobre a Paz.

Algúns nenos/as de 5º tocaron coa frauta o "Himno da Alegria" de Beethoven.

Cantamos todos os nenos/as da escola a canción "Vivan a Paz e o Amor".


Vimos unha película que reflexaba a viva da princesa india Pocahontas, e como loitou para que houbese paz entre os indios americanos e os ingleses.

No hay comentarios: