jueves, 18 de noviembre de 2010

TEATRO PONTEVEDRA "VOLPONE"





O venres 12 de Novembro, os nenos/as de 3º,4º,5º e 6º viaxamos a Pontevedra para ver unha divertida comedia no Teatro Principal.
A obra retrataba a nobres e non tan nobres señores, que teñen como principal interese reunir fortunas sen importarlles o ridículo que teñan que facer.
Pasámolo moi ben cos protagonistas desta comedia (Volpone, Mosca, Corvino, Corbaccio, Voltore, a Viúva e Celia).
Esta obra insistía nas ganas de poder do ser humano e as súas consecuencias e na obsesión por acumular riquezas e propiedades.
Estivo moi entretida e rímonos moito.

No hay comentarios: