viernes, 19 de junio de 2009

Fin de curso

E por fin remataron as clases! Hoxe, como é o último día, fixemos unha festa de fin de curso nas aulas. Fixemos algo de todo: xogamos, escoitamos música, comemos chuminadas, e pasámolo moi ben.

Agora ven o verán, asique a disfrutar do sol e da praia ou río. Foi un pracer tervos de alumnos/as, esperamos que o ano que ven vos apliquedes moito e vos portedes mellor. Para os de 6º, desexámosvos que vos adaptedes ben ó instituto e que sigades en contacto (por medio do blog, ou outro medio). Esperamos que levedes un bo recordo da vosa estancia no CEIP San Xoán Bautista.