miércoles, 20 de mayo de 2009

Revista "O Rillote"

Dende aquí podedes colaborar na redacción da revista do noso colexio. Aquí deixo unhas plantillas para realizar reportaxes sobre as saídas que fixemos durante o curso. Tamén hai enlaces a páxinas Web nas que atoparedes máis información sobre o tema para completar ou ampliar a vosa reportaxe. Farédela en parellas e repartirédesvos as tarefas de investigación e redacción.

Estes son os temas e as plantillas:


1. Visita a Loureiro: Vimos unha exposición de traxes típicos do Entroido galego. (31/10/08)

2.Títeres: explicar en que consistíu a actuación dos títeres que viñeron ó colexio. (19/11/08)

3. Cine: "Dos Hermanos" (película sobre os animais salvaxes en cautiverio e o maltrato animal). (4/12/08).

3. A Auga: o sangue da terra: exposición sobre a importancia da auga. (27/03/09).

4. Visita ó parque eólico. (5/05/09).

5.Visita ó Centro etnográfico Terra de Montes: vimos unha exposición sobre os aparellos da vida cotiá galega dende o século XVIII. (13/05/09).

.

martes, 19 de mayo de 2009

Poesía


Este poema compúxoo Antía, de 6º, para o día das letras galegas e logo recitouno. Quedamos todos abraiados coa súa creatividade. Animámola a que siga escribindo así de ben e que pronto poida publicar un libro. De momento, poderedes disfrutar da súa obra na revista do colexio "O Rillote" e neste blog.

jueves, 14 de mayo de 2009

Día das Letras Galegas



Hoxe conmemoramos o día das letras galegas no noso colexio. Os de 2º e 3º fixeron un recital de poesía de varios autores galegos; os de 4º e 5º escenificaron o "Romance de Don Gaiferos"; os de sexto falaron de Ramón Piñeiro e logo recitaron uns poemas de autores galegos tamén. Gabriel e J.Pedro de 6º interpretaron unha peza musical galega con frauta e guitarra e todos os acompañamos con palmas. Ó remate, algún voluntario saíu a contar algún chiste e algunha adiviña en galego.






Centro Etnográfico Terra de Montes

Hoxe fomos visitar o centro etnográfico de Terra de Montes. Aínda que parece pequeno, posúe unha colección de 1.300 pezas de apeiros e cousas tradicionais da zona. A través destas pezas, podemos ver como foi a vida cotiá na zona ata os anos 1960. Conta con varias salas: unha adicada ó tecido do liño, outra á roupa, outra á alcoba e ó neno. Tamén se poden ver cousas relacionadas coas crenzas relixiosas dos campesiños (os petos das ánimas, un rústico confesionario, a plancha para facer as Hostias, etc.). Tamén hai un espazo adicado á emigración onde se poden ver os grandes baúis que levaban, maletas e cartas. Hai unha sala adicada tamén ós oficios artesanais: carpinteiro, serranchín, zapateiro, zoqueiro. Na parte baixa da casa podemos ver tamén os apeiros do oficio de cereiro, canteiro, ferreiro; xunto cos apeiro de labranza (carro, forcadas, arados de madeira, sachadoras, sementeiras, e un longo etcétera) e a cociña coa lareira e a louza, o forno de cocer o pan, as cestas, unha debulladeira, etc.
Aquí van algunha das fotos que sacamos hoxe. Que as disfrutedes.







martes, 5 de mayo de 2009

Visita ó parque eólico


Hoxe fomos de excursión, por fin, ó parque eólico do Monte do Seixo. o encargado explicounos como funcionaban os aeroxeradores e tivo moita paciencia coas preguntas todas que lle fixemos.








lunes, 4 de mayo de 2009

Misceláneas de 2º e 3º



Este é o libro que fixeron os de 2º e 3º para o día do libro. Titúlase así porque inclúe cousas moi variadas. Pinchade nas imaxes para agrandalas e así poder lelas. Esperamos que vos gusten.