viernes, 27 de marzo de 2009

Nais e pais

Invito a todolos pais e nais de alumnas e alumnos deste colexio a participar tamén neste blog que é de todos/as. É moi sinxelo, só hai que pinchar onde pon comentarios, debaixo de cada entrada e a escribir! Que a vosa opinión tamén conta.
Paso 1º: Pinchamos onde di "comentarios", aparécesenos unha nova páxina coma esta:


Paso 2º: escribimos o que queremos no recadro que hai debaixo de "Haga su comentario" e logo pinchamos onde di "Nombre/URL" e escribimos o noso nome (o da persoa que fai o comentario) e despois pinchamos onde di "Publicar comentario" e xa está. En breves instantes xa poderá ler o comentario que fixo.


A pintar

Os alumnos de 1º de primaria estiveron experimentando co programa "Paint" e presentamos aquí as súas obras de arte.

A auga: o sangue da Terra.

Hoxe fomos a Pontevedra, ó auditorio de Caixa Galicia ver unha exposición de Manuel Valcárcel sobre a auga. Despois de ver as fotos, participamos nun obradoiro de recilcaxe e fixemos unha carteira. Agora cada un vai dar a súa opinión sobre a visita e contar o que máis lle gustou.