viernes, 31 de octubre de 2008

Halloween - Samaín


Ola!!


Hoxe vai de cabazas. Celebramos o Samaín no colexio e fixemos un concurso de cabazas. Todas eran fantásticas e foi moi difícil escoller as máis orixinais. Estas son algunhas fotos do evento.


Esta foi unha das cabazas gañadoras, non se aprecia moi ben porque está sacada dende arriba, pero daba medo vela!



Esta era a máis grande de todas! E ata tiña cornos!!

Habíaas de tódalas formas e tamaños, ata con pinchos!!





Estas dúa tamén foron das gañadoras:


Visita a Loureiro

Ola a todos e todas!

Este é o blog do CEIP San Xoán Bautista. Para inauguralo, empezamos falando da primira "excursión" que fixemos:

O día 17 de outubro de 2008 fomos visitar unha exposición de traxes de Entroido a Loureiro, unha aldea etnográfica que hai ó lado do noso colexio. Tamén aproveitamos para dar unha volta pola aldea. Poñemos aquí algunhas das fotos da visita.





Os nenos e nenas probaron os distintos gorros dos xenerais e dos correos! Os profesores/as tamén os probamos, je, je, esta son eu:



Estas son algunhas fotos da aldea: